O pasado 22 de xuño celebrouse a Asamblea Xeral Ordinaria da Cooperativa de Vilaboa de Consumidores e Usuarios, Soc. Coop. Galega, onde entre outros puntos aprobaronse por unanimidade as contas e a xestión do exercicio pechado a 31 de decembro de 2014, que acadou un excedente positivo de: 208.760,50 euros.
No que fai referencia a evolución das partidas mais relevantes do balance cabe destacar que a Cooperativa acadou para este exercicio 2014 una cifra en depósitos de 29.213.247 euros fronte os 27.077.767 euros do exercicio anterior.
Isto da mostra da confianza dos socios cooperativistas na entidade así como a satisfacción co servicio realizado.
Por outra banda o volume de depósitos e outras inversións depositados en bancos e máis a tesoureira supón un total de 19.311.372 euros, mentres que os préstamos outorgados alcanzaron a cifra de 16.430.797 euros.
No exercicio 2014 a Cooperativa otorgou préstamos por un importe aproximado de 2,4 millons de euros.
En canto a distribución dos excedentes do exercicio, aprobouse a distribución o fondo de reserva obrigatorio un importe de 119.444 euros, destinándose o fondo de reservas voluntarias un total de 89.316 euros. O fondo de educación e promoción, en aplicación do establecido na normativa vixente e nos estatutos da entidade, destinouse un importe de 13.120 euros.
Así un ano mais a Cooperativa acada un resultado positivo, que consolida a súa situación e que lle permite ofrecer os mellores servicios e prezos os seus socios e, o mesmo tempo, fomentar a súa actividade social e de apoio no entorno local no que opera.